Em destaque

Reunión do Domingo 18 de Febreiro 2018

This is the post excerpt.

Anúncios

muita cousinha hoje. pequenos-grandes avanços. Iremos dando info, mas um adianto:

  • abrimos grupo facebook,
  • Elaborará-se uma enquisa para recolher info de experiências de trabalhadoras independentes, ou seja nós na nossa diversidade.
  • Recolhera-se info para fazer um mapa de processos que se estam a dar no campo dos serviços sociais da cidade,
  • Dará-se-lhe jeito á moreia de perguntas que sairom e sobre as que queremos aprofundar, fazer uma dinâmica de trabalho em grupos cara a concreçom.
  • Dará-se-lhe uma volta à comunicaçom interna para confluir facebook world e além do facebook, e abrirá um blogue simples e singelo para colocar a info que vaia saindo e divulgar cara a fora.
  • Tamém teremos uma carpeta de drive para meter toda a info e que nom se nos perdam os documentos.
  • E para o Domingo 15 de Abril uma jornada de dia inteiro na Comuna com mini-formações (como fazer um orçamento), o trabalho de indagaçm , comida comunitária, etc. que iremos ideando entre todas.
    🙂 a ver quem nos para agora.

5a3806e386579.image

Manifesto por unhas Condicións Laborais Feministas

 2000px-Woman-power_emblem.svg

MANIFESTO

POR UNHAS CONDICIÓNS LABORAIS FEMINISTAS NO SECTOR DA FORMACIÓN, PROMOCIÓN DA IGUALDADE E INTERVENCIÓN SOCIAL E EDUCATIVA

 

Hai uns meses, un grupo de mulleres feministas que actuamos profesionalmente no ámbito da formación, promoción da igualdade e intervención social e educativa comezamos a xuntarnos para compartir experiencias e pensar estratexias fronte á precariedade laboral e vital que nos atravesa.

Incluímos aquí a dimensión vital porque somos conscientes de que a precarización non só atinxe á remuneración e cotización (ou a ausencia dela en moitos casos), coa conseguinte dificultade para satisfacer necesidades básicas (aluguer, subministros, sanidade, alimentación, cultura, etc) mediante o traballo que realizamos e coa redución de cobertura social. Trátase dun esquema de organización e produción que condiciona os ritmos e formas de traballar, e repercute de forma directa sobre a nosa saúde física e emocional, expectativas, relacións e prácticas de autocoidado.

Tamén a calidade e efectividade do traballo que desenvolvemos se ven afectadas por esas condicións precarias, co resultado dun empeoramento da atención e acompañamento ás persoas e unha vulneración dos dereitos da poboación, ao tratarse de actuacións que se encadran na carteira de servizos públicos.

A continuación pasamos a detallar as situacións que identificamos nos sucesivos encontros que mantivemos, así como as demandas de cambio que esiximos por parte das institucións públicas e outros axentes sociais:

QUE OBSERVAMOS?

  • Unha desvalorización do noso traballo. Non se nos ofrecen condicións adecuadas para poder desenvolvelo con profesionalidade nin para poder coidarnos. Non se nos garante continuidade nin se considera a nosa experiencia e coñecementos para poder facer melloras nos servizos ofrecidos
  • Non se nos remunera economicamente de forma xusta. Chegan a ofrecérsenos cantidades ínfimas, que non inclúen transporte ao lugar de traballo, nin gastos derivados e imprescindíbeis para o desenvolvemento da nosa actividade. Asúmese que os temos que pagar nós do noso peto.
  • Dánsenos horarios partidos, que nos deixan con horas entre servizos non pagadas e que non poden ser utilizadas para outros traballos ou para o noso tempo persoal.
  • O réxime da seguridade social de autónomas é inasumíbel por moitas de nós, o que fai que non poidamos ser parte do sistema de cotización. Isto supón unha discriminación socioeconómica que contribúe á situación de vulnerabilidade laboral e social en que nos encontramos.
  • Atopámonos coa esperpéntica situación de que as administracións públicas para o desenvolvemento de servizos públicos de tamaña importancia, como por exemplo os que se levan a cabo desde os CIM (Centros de Información ás Mulleres), ofrécennos contratos de servizos botando man da coñecida fórmula das “falsas autónomas”, tan empregada no sector privado para eludir as responsabilidades laborais.
  • As institucións públicas, que deberían ser o maior exemplo de garante de boas condicións laborais, están a deixar a nosa contratación en mans de empresas privadas intermediarias. A estas non se lles esixe que remuneren ás traballadoras de forma adecuada. Non son investigadas nin sancionadas. É especialmente preocupante que isto aconteza nos departamentos de Igualdade, Servizos Sociais… que por un lado fan campañas de sensibilización para a igualdade e por outro non só non están a coidar as traballadoras deste sector senón que están a perpetuar a violencia estrutural e económica mediante a imposición de condicións laborais precarias e mesmo ilegais.

QUE QUEREMOS?

  • Queremos un salario xusto, 1.200€ por mes con dúas pagas extra ; isto é o que necesitamos para vivir e cubrir as nosas necesidades. A remuneración por horas ten que tender a esa contía, ten que ser proporcional a un salario xusto mesmo para aqueles contratos de poucas horas. Non imos seguir aceptando os 9€ por hora que marca un convenio miserábel, o de educación non formal, que moitas veces nin sequera se está a cumprir. Un convenio que non ofrece cobertura a todas nós, xa que no sector coexistimos traballadoras asalariadas por conta allea e traballadoras autónomas (e tamén “falsas autónomas”).
  • Precisamos que se poñan no centro a vida e non o diñeiro, garantindo a estabilidade emocional e vital das traballadoras. Os horarios partidos, os contratos temporais e puntuais, particularmente nos servizos sociais, non permiten procesos completos de execución, seguimento e avaliación de proxectos. Esta inestabilidade e descontinuidade laboral incrementan o desamparo e o estrés sociolaboral e afectan á nosa saúde mental e á calidade do traballo que desenvolvemos.
  • Os Concellos deben incorporar nos pregos de condicións uns requisitos de salarios xustos tanto para as contratadas para proxectos estábeis como para as traballadoras independentes que imos realizar un servizo puntual, por exemplo de formación. Para asegurarse de que isto efectivamente se cumpre teñen que pedir as nóminas das traballadoras que están contratadas por empresas privadas para desenvolver programas e proxectos. Esiximos que os Concellos deixen de acatar unha normativa que prioriza os criterios económicos á custa dunhas condicións laborais dignas ou mesmo antes que os criterios técnicos.
  • Denunciamos as políticas e plans de igualdade que non teñen ningún tipo de aplicación ou efectividade real, que só se elaboran para cumprir e quedar ben cara a galería.
  • Traballo coordinado con traballadoras das propias administracións para recoller información e propostas co fin de construír uns servizos de calidade e axeitados ás necesidades das persoas usuarias. E que estas sexan tamén parte do proceso de deseño dos programas e que participen na avaliación dos mesmos. Sobre todo no ámbito dos servizos sociais, cremos que é necesario rachar co asistencialismo e o control, no canto de formacións e accións dirixidas á autonomía persoal.
  • Abonda xa de deseñar proxectos sen ningunha vinculación coas necesidades e demandas da poboación porque finalmente só serven como estratexia de propaganda e teñen unha efectividade e incidencia social limitada.

Seguiremos a promover espazos e estratexias para compartir información, acompañarnos e buscar as ferramentas colectivas axeitadas para responder á precariedade laboral e vital.

Sabemos que a autoorganización é a única forma de reverter unha realidade inxusta. Tamén o é para xerar iniciativas e propostas encamiñadas a poder soster vidas e actuacións profesionais dignas, estábeis, de calidade, coidadas e co recoñecemento social e económico que merecen.

Somos conscientes do valor do noso traballo, tamén do potencial transformador que ten. Empregar esta forza para acadar mellores condicións laborais e vitais para todas as profesionais do sector social, para acadar servizos públicos de atención, apoio, acompañamento e formación axeitados para a poboación é o noso compromiso.

Negámonos a seguir alimentando o illamento, a culpa, a competitividade entre nós ou a responsabilización individual por un problema que é estrutural e que denota a lóxica patriarcal de desvalorización das tarefas de coidados.

 

Quérennos en soidade, terannos en común!

 

2ª Reunión “Condicións Laborais Feministas”

O domingo 15 de Abril reunímonos no CSA A Comuna, na Coruña para continuar a darlle xeito a estes encontros-traballo sobre Condicións Laborais Feministas.

Obradoiro – Como facer orzamentos? con Marta Casal

thumbnail

No noso traballo non só temos de valorar e por tanto cobrar o resultado final. Esas horas en que se nos “ve” traballar, pero tamén esas que veñen antes nas que deseñamos a intervención. E as que veñen despois, nas que realizamos avaliacións, informes e facturación.

Con frecuencia realizamos “traxes á medida” para cada traballo o que fai que o tempo que lle dedicamos a prepararnos é moito maior do que noutros traballos. E tamén que a nosa formación é moi específica e precisa de contínua actualización.

Pero realmente estamos a considerar este traballo ao nivel que merece? E incluímos a formación como un valor contabel? Ou asumimos tarifas de traballo standarizado cando raramente o é?

A todo isto se lle unen os impostos que temos que cargar, e que ás veces parece que son máis a nosa responsabilidade do que do Estado.

E que pasa coa cota de autónomas? Porque realmente estamos nun limbo entre mundos: somos asalariadas ou traballadoras independentes?

Parece que para calcular a nosa tarifa mínima se nos considera asalariadas (sobre 9€ por hora) como se fosemos a traballar unha media de 40 horas por semana. Pero a realidade é que nos encontramos con propostas de traballos de menos de 15 horas onde se nos considera “autónomas” e por tanto se asume que os gastos de transporte, dietas, seguridade social, etc contan ao noso cargo e non se reflexan no prezo final a pagarnos.

Grazas a Marta ampliamos a nosa visión sobre o traballo real que temos de facer e por tanto entender mellor como orzamentar.

Aínda moito camiño por andar, pois somos un sector moi individualizado ao que poucos sindicatos entenden ou teñen interés en defender.

Indagación sobre as Condicións Laborais Feministas. 

Pola tarde fixemos un “Café Diálogo” sobre preguntas que xurdiran na anterior reunións e isto foi o resultado

Como me gustaría traballar (ser tratada)?

  • Tranquilidade vital (estabilidade vital, emocional)
  • Asegurada, que se cumpra a legalidade
  • Acompanhada, em equipe
  • Grupo Catalunha, trabalhadoras do social estão mobilizando-se para visibilizar /reconhecer o seu trabalho.Sindicat Teresa Claramunt
  • Asociación Nautas (Andalucia)
  • Continuidade, traballos a medio, longo prazo.
  • Horario
  • Recoñecemento
  • Formación
  • Coidados
  • Incluínte na realidade social
  • Dar/recibir feedback

*Referencias no facebook Fepaio – Federación Estatal Asoc Prof Igualdade FEPAIO

 

Canto me gustaría/ preciso cobrar?

  • 1200€ máis dúas pagas extra
  • Visibilizar o trabalho de preparação.
  • Mínimo do convenio 6/10€ por hora é insuficiente. Non ten en conta os gastos e condicións das traballadoras independentes.
  • Valorizar a nosa profesión en termos de formación, experiencia e compromiso
  • Non auto-criminalizarnos. Nós non somos as culpabeis se temos de aceitar traballos mal pagos por necesidade. É culpa do sistema e no caso de quen permita que aconteza. As compañeiras con máis privilexios teñen a responsabilidade de esixir máis direitos.

 

Como se deberían organizar os servizos sociais/igualdade nas institucións (Concellos, Xunta, etc)?

  • Os concellos teñen de pedir as nóminas das persoas traballadoras que fan o proxecto.
  • A burocracia deixa sen tempo a cumplir os obxectivos principais das persoas usuarias.
  • Fuxir da elitización da formación – Como chegar a todas as persoas e as mulleres
  • Recoller as demandas, e a experiencia das traballadoras dos Servizos sociais e Igualdade a través dos diferentes gobernos. E tamén as das persoas usuarias.
  • Faz falta que as instituições funcionem bem (concelharias igualdade, CIM, etc) para coordenar correctamente os nossos trabalhos.
  • Trabalho coordenado com as trabalhadoras das instituições para melhorar realmente as vidas das usuárias.

 

Como/onde se divulgan as nosas reivindicacións? Pasos a seguir

  • Crear un Manifesto Laboral Feminista
  • Rexistros
  • Informantes clave
  • Redes sociais
  • blogue
  • Prensa
  • Mapa experiencias
  • Táboa reivindicativa

 

Pasos a seguir:

  • Traballar no Manifesto Laboral Feminista. Un documento sinxelo e claro onde digamos o que observamos e o que pensamos debería ser. Este moveríase para que máis mulleres puideran asumilo, traballar sobre él e organizarse a nivel local, galego, etc.
  • Ter un skype coa Asociación Nautas

Organizando a Xornada de Formación e Traballo “Condicións Laborais Feministas”

mulheres-1
Continuamos a organizar a jornada do 15 de Abril. Criou-se um evento de facebook e enquanto tenhamos mais definiçom o divulgamos tamém via email.
Algumas ideias que estám a aparecer e a ser valoradas polo grupo.
Xornada de formación e traballo “Condicións Laborais Feministas”
Dia: Domingo 15 de Abril
Horario de 11h a 18h, comida compartida (este horário vos parece bem? mais cedo? mais tarde?)
Lugar: CS A Comuna (A Crunha)
Conteudos (ainda por determinar/confirmar)
Inicio: Cafezinho de benvinda. Para nos conhecer as umas ás outras e coletivizar a ideia do grupo (especialmente entre pessoas que se conhecem e já forom a reus e pessoas que nom se conhecem e/ou nom foram a reus)
Formaçom:
Legalidade. Charla sobre se isto que nos acontece laboralmente é legal. que é legal que nom? conhecemos os nossos direitos?
Orçamentos – Obradoiro : Como fazer um orçamento. Sabemos pôr-lhe valor ao nosso trabalho? quanto temos que pedir e como o temos de desglosar?
Impostos e Fazenda – Charla-obradoiro: Como facturar? autónomas-nom autonomas… ive, irpf… que obrigas tenho? facturas ou recibis?
Trabalho coletivo – Espaço de trabalho coletivo: indagar e concretar sobre as nossas necessidades e desejos, condições laborais feministas, incluindo a tarifa mínima.
Conclusões e Feche
Um saudo forte e imos pra diante 😉